ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Máis de 400 persoas asisten ao xantar solidario de Manos Unidas en Rubiá

O acto contou con tómbola e mercadiño no interior do pavillón deportivo

Empanada de carne e de bonito, lacón asado, tortilla, bocadillos, torta, refrescos, auga,… Servidos polos voluntarios, son algúns dos ingredientes do xantar solidario co que Rubiá colaborou un ano máis con Manos Unidas. Un acto benéfico ao que se sumaban máis de 400 persoas no mediodía do domingo 22 de abril.

Como en edicións anteriores, o lugar elixido foi o pavillón deportivo da vila que xa antes das dúas da tarde empezaba a encherse de xente de todas as idades e de toda a comarca. A compra da entrada (5 euros) foi unha forma de colaborar coa causa, pero non a única, xa que ademais do xantar, o acto contou cunha tómbola con agasallos donados por diferentes comercios especialmente do Barco de Valdeorras, e tamén cun mercadiño no que poder mercar todo tipo de artigos elaborados ou decorados artesanalmente por xente que os donou para a causa, demostrando que Rubiá e Valdeorras enteira é moi solidaria.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button