OurenseÚltima hora

Máis de 50 locais participarán nesta edición de outono do concurso de pinchos Sabores de Ourense

O certame celebrarase do 7 ao 17 de novembro e o importe máximo dos pinchos será de 2,50 euros

Presentación do concurso de pinchos de Ourense Sabores de Outono.

 

Entre o 7 e o 12 de novembro, no marco da celebración do Magosto (festa declarada de interese turístico) desenvolverase en Ourense a 12ª edición do concurso Sabores de Ourense-Pinchos de Outono.

Organizada pola Concellería de Turismo e Termalismo de Ourense e executada pola (UHO), esta cita gastronómica “convida a residentes e visitantes da cidade a gozar coas máis saborosas receitas elaboradas con cogomelos e castañas, materias primas frescas e de tempada, buscando potenciar así os produtos locais”, en palabras da concelleira Flora Moure.

Nesta edición participarán 53 establecementos -2 máis que en 2018 e 7 máis que en 2017-, dos que 12 fano por primeira vez. A maioría están concentrados na zona dos viños e no Ensanche, aínda que o barrio da Ponte aparece como alternativa para unha escapada culinaria con 4 locais do outro lado do Miño.

 

Detalle dun pincho da anterior edición.

 

Entre as tendencias desta tempada nos menús destacan as distintas variedades de carnes brancas (parrulo, polo, pavo…); predominan receitas como lasañas, croquetas e espetos; e por primeira vez os bolos recheos lle fan a competencia ás torradas de porco, un clásico da do concurso. A modo de “sorpresa”, haberá varios varios pinchos para comer con culler.

O importe máximo dos pinchos será 2,50 € e con respecto aos premios, os oficiais do concurso son os 3 outorgados polo xurado profesional; os 3 concedidos polo público; e o Premio Pincho Celíaco, pola delegación ourensá da Asociación Galega de Celíacos, ao que optarán todos os pinchos que non empreguen glute na súa elaboración (14 nesta edición). O público que deposite o seu voto (debidamente cuberto con selos de 3 locais distintos) nas urnas colocadas nos establecementos participantes entrará no sorteo de distintos agasallos cos que se premiará a súa fidelidade. Ademais, o pincho gañador do 1º Premio do Xurado desta edición será o representante de Ourense no concurso autonómico “De Tapas por Galicia”. Tamén haberá un Premio Especial do Ribeiro para os consumidores que mariden o seu pincho cun viño desta DO.

A información sobre locais e pinchos pode consultarse na web Sabores de Ourense.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close