Por segundo ano consecutivo, o Club Natación Escualos de Ourense organizaba a Travesía a Nado Encoro Os Peares, unha proba que tiña lugar na mañá do 19 de xuño coa participación de máis de 50 nadadores entre a proba sénior e a infantil.
A carreira sénior, con máis de 40 nadadores de diferentes clubs de Galicia arrancaba ás 12:15h. e finalmente era Marcos Vila do CN Pabellón o que lograba o primeiro premio na categoría masculina. Na feminina a gañadora foi Inés Marcos Cárregal do Club Natación Escualos que “dominaba a proba dende o principio”, explican dende o club ourensán.
Na proba infantil presentáronse unha docena de cativos que completaron o percorrido duns 250 metros, resultando vencedores, Ramón Fernández do CN Galaico e Paula Chans do Club do Mar da Coruña.
Máis información na vindeira ediución en papel do Periódico Sil.
Fotos: CN Escualos.