DeportesÚltima hora

Máis de 50 xogadores están concentrados en Quiroga coas seleccións galegas de voleibol

Hoxe e mañá adestran no pavillón quirogués os equipos infantil masculino e feminino e o cadete masculino

 

Xa está en marcha o proxecto de tecnificación da Federación Galega de Voleibol para esta campaña, co obxectivo de adestrar aos equipos que asistirán representando a Galicia aos vindeiros campionatos de España por Seleccións Autonómicas.

Así, e conforme ao convenio asinado con Concello, as seleccións galegas de voleibol infantil feminina e masculina e cadete masculina comezaban hoxe, luns 24 de febreiro coas concentracións de Carnaval que continuarán mañá martes 25 de febreiro no pavillón de deportes de Quiroga (Lugo). As seleccións concentradas son a infantil feminina (22 xogadoras)  e a infantil e cadete masculina (16 e 14 xogadores respectivamente).

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button