DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Máis de 500 persoas na I Marcha Memorial Anxo de Sousa Pérez, na Rúa

Camiñantes, ciclistas e motos partían dende a praza de Fontei para dirixirse ao Barranco Rubio

Ás catro e media da tarde do 19 de marzo partía dende a praza ruesa de Fontei a I Marcha Memorial Anxo de Sousa. Por un camiño ían os camiñantes e os ciclistas e por outro as motos, se ben todas confluían no mesmo punto de meta: o Miradoiro do Barranco Rubio.

Esta convocatoria benéfica e sen carácter competitivo resultaba un auténtico éxito de participación con máis de 500 inscritos. O recaudado, máis de 5.000 euros (cada entrada custaba 10 euros) será doado á Fundación Andrea. Ademais este acto servía para lembrar ao neno que leva o nome da proba, Anxo de Sousa, que recibíu durante a súa enfermidade o apoio desta fundación.

Tras a marcha, os participantes regresaban á praza de Fontei onde tiñan lugar sorteos de agasallos e recibían uns bocadillos. Esta iniciativa deportiva foi promovida polo Club Atletismo Rúa, pero detrás dela está a implicación da peña FMF (Fai Moito Fume), así como dun cento de establecementos comerciais de dentro e fóra da comarca, de clubs deportivos e de centros de educación valdeorreses e de Quiroga. Tamén contaban coa colaboración do Concello da Rúa.

Fotos: Carlos G. Hervella/ Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button