DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Máis de 500 persoas participan na III edición do Memorial Anxo De Sousa Pérez, na Rúa

Camiñantes, ciclistas e motoristas partían dende a praza de Fontei para dirixirse ao Barranco Rubio

En torno ás catro da tarde do 31 de marzo (Sábado Santo) partía dende a praza ruesa de Fontei a terceira edición do Memorial Anxo De Sousa Pérez. Por un camiño ían os camiñantes e os ciclistas e por outro as motos, se ben todas confluían no mesmo punto de meta: o Miradoiro do Barranco Rubio onde está o monumento en memoria de Anxo.

Esta convocatoria benéfica e sen carácter competitivo, resultaba un auténtico éxito de participación con máis de 500 inscritos. “Falta o reconto definitivo pero andan polos 520”, asegura Noelia De Sousa, irmá de Anxo e organizadora desta edición da proba, cuxa recadación será doada un ano máis á Fundación Andrea.

Trala marcha, os participantes xuntábanse na Casa da Cultura da Rúa onde tiña lugar o sorteo de agasallos doados por numerosas casas colaboradoras.

Fotos: Mónica G. Bellver/ Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button