DeportesÚltima hora

Máis de 500 ximnastas de toda Galicia participarán no X Torneo de Primavera Cidade de Ourense

A cita será este sábado, 14 de abril, no pavillón dos Remedios
Un exercicio de ximnasia con pelotas.

A cancha central do pavillón dos Remedios de Ourense acollerá este sábado 14 de abril, o X Torneo Primavera Cidade de Ourense, unha competición de ximnasia que reunirá a un total de 545 deportistas de 23 clubs. Organizado polo Ximnasia Pavillón, un club con máis de 30 anos de traxectoria, esta edición ten como principal obxectivo “asociar o evento ao bo facer da marca Ourense”.

Así, ata a cidade de Ourense desprazaranse clubs das catro provincias galegas, pero tamén dende Asturias (Club Rítmica Milany) e Castela León (Club Mapecca de Zamora).

Pola mañá poderase ver un adianto do que as ximnastas están a preparar para a Copa Federacións de Ximnasia Estética, e na xornada de tarde haberá lugar para as deportistas que preparen o campionato galego individual de clubs, clasificatorias para o campionato de España. Sobre a cancha estarán tamén as deportistas que se preparan para a Copa de España de Guadalaxara do 22 de abril. O peche ao torneo será un exercicio de expresión corporal creado pola profesora de ballet do CX Pavillón, Irina Iembergenova.

Artigos relacionados

Back to top button