EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaViticulturaXIX Feira do Viño de Valdeorras

Máis de 6.000 visitantes e de 7.000 degustacións na XIX Feira do Viño de Valdeorras

O presidente da Denominación de Orixe califica o certame dun “rotundo éxito en todos os aspectos”
Público asistente á XIX Feira do Viño de Valdeorras, celebrada na fin de semana do 16 e 17 de xullo na praza de Viloira (O Barco). Foto: Ángeles Rodríguez.
Público asistente á XIX Feira do Viño de Valdeorras, celebrada na fin de semana do 16 e 17 de xullo na praza de Viloira (O Barco). Foto: Ángeles Rodríguez.

Positivo balance para a XIX Feira do Viño de Valdeorras. Apenas unhas horas despois da clausura do certame a organización vén de facer públicos os favorables datos desta edición celebrada por segundo ano consecutivo na praza de Viloira (O Barco). A mostra congregaba a máis de 6.000 visitantes e en total servíanse máis de 7.000 degustacións, case un 15% máis que no pasado ano 2015.

Para o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, Francisco García, a feira “foi un rotundo éxito en todos os aspectos, grazas ás adegas participantes e á afluencia de público interesado neste sector, que tantos postos de traballo crea e que sitúa a Valdeorras no mapa mundial”.

Ao mesmo tempo, Francisco García amosaba o seu desexo de que na vindeira edición, coincidindo co 60 aniversario da D.O., “participen todas as adegas, especialmente as que subiron a este tren que leva en marcha case seis décadas grazas ao traballo, a constancia, a dedicación e o esforzo económico dos pioneiros locais do sector”.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil
Máis fotos:
https://osil.info/entre-premios-e-brindes-no-broche-da-xix-feira-vino-de-valdeorras/
https://osil.info/multitudinaria-xornada-sabado-na-xix-feira-vino-de-valdeorras/
https://osil.info/o-son-tradicional-de-pandega-na-xix-feira-vino-de-valdeorras/

Artigos relacionados

Back to top button