DeportesÚltima hora

Máis de 600 deportistas participarán na “Gladiator Race Vía Nova” en Muíños

A proba de obstáculos nocturna celebrarase o sábado 29 de setembro no complexo deportivo do Corgo

O complexo deportivo do Corgo, en Muíños (Ourense), acollerá o vindeiro sábado 29 de setembro, a primeira proba de obstáculos nocturna que se celebra en España: a Gladiator Race Vía Nova, un evento deportivo que, segundo destacou hoxe o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, no acto de presentación, “é posible grazas á colaboración público-privada, unha actividade que marcará un antes e un despois no ámbito dos deportes de aventura” e que contará coa participación de máis de 600 deportistas de todas as idades, procedentes de toda Galicia e outra comunidades autónomas, así como do norte de Portugal.

 

Presentación da “Gladiator Race Vía Nova”.

 

A Gladiator Race Vía Nova terá lugar no circuíto permanente máis grande de Galicia, unha instalación que impulsou o Inorde e que conta con 10 obstáculos onde se poden realizar exercicios ao aire libre de maneira gratuíta durante todo o ano no complexo deportivo do Corgo. A proba consta de 6 quilómetros de obstáculos nos que os participantes terán que reptar, superar muros, cargar pesos e pasar unha liña de 20 metros de colchonetas sobre a auga.

Previamente á proba principal terá lugar ás 19:30 horas a celebración da Gladiator Race Kids, onde nenos de 4 a 12 anos realizarán un circuíto adaptado ás súas idades. E xa a partir das 22 horas arrancará a proba central, con saídas de 100 corredores cada 15 minutos.

 

Mapa de situación da proba.

Artigos relacionados

Back to top button