ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Máis de 70 clásicos na I concentración celebrada en Larouco

Na xuntanza participaron vehículos de zonas como Valdeorras, Padrón, Ourense, Ponferrada ou Asturias

Cansados pero contentos. Así están os membros do colectivo Laroucautos, organizador da I Concentración de Clásicos Concello de Larouco que se desenvolvía na mañá do domingo 12 de marzo.

Un mes despois de que os participantes no Rali de Invierno percorresen parte dos concellos do oriente ourensán, máis de 70 coches clásicos chegados dende diferentes puntos (Valdeorras, Ponferrada, Padrón, Ourense, Asturias,…)  reuníanse no entorno de Larouco para desfrutar dunha bonita xornada só empañada pola chuvia. Entre as xoias que puderon verse había un pouco de todo, dende un MG ata un Tiburón, 600, 124, 131 “moitos Seat e tamén Renault e mesmo Volkswagen”, din dende Laroucautos.

Segundo o previsto e despois do almorzo polos bares do pobo, en torno ás dez e media da mañá os participantes (unhas 150 persoas) desfrutaban dunha ruta turística que os levaba ata Manzaneda, A Pobra de Trives, Montefurado e A Enciñeira para regresar a Larouco onde tiña lugar o xantar que incluíu o sorteo de preto de 30 agasallos (produtos da zona).

Dende a organización agradecen a colaboración de todos os implicados, así como o labor de Protección Civil e o apoio por parte do Concello, asegurando que a valoración é positiva aínda que “deu moito traballo”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button