ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Máis de 70 persoas saboreaban os pratos do I Concurso de paella estilo libre da Granxa Escola de Lentellais

O ganador desta edición era José Luis de Celavente cunha paella de marisco e carne

 

Nada fácil llo poñían ao xurado os cinco cociñeiros participantes no I Concurso de paella estilo libre organizado pola Granxa Escola de Lentellais (O Bolo) o 28 de setembro. Situados cada un deles nunha zona da finca, elaboraban con moito segredo e mimo o seu prato dende as 12h.

Arredor das 14:30h. as súas paellas eran catadas polos cinco membros do xurado (que presidía Vicente J. Álvarez), que tardaban máis de media hora en emitir o seu fallo, dada a calidade das elaboracións presentadas. Finalmente o resultado da deliberación convertía en ganador desta primeira edición a José Luis de Celavente pola súa paella de marisco e carne, que levaba como premio un xamón. Ademais cada un dos participantes levaba como agasallo, patrocinado por Carrizo, unha botella de viño.

E tras o xurado, era o público en xeral o que podía catar as paellas do concurso nun xantar popular que reunía a 72 persoas e cuxa entrada tiña un custo de 10 euros no caso dos adultos e de 4 euros no dos nenos e incluía, ademais do arroz, pan e bica da panadería do Bolo, café de máquina e licor café.

A celebración prolongábase ata a tarde e a noite e, de feito, o bo ambiente que reinaba animaba aos outros catros cociñeiros (das localidades bolesas de Lentellais, Santa Cruz, Fornelos e Tuxe) a mercar un xamón, para o que se escotaba, e a compartir o pan que sobrou para degustar pan con tomate e xamón na merenda.

Dende a Granxa Escola A Capilla, promotora da iniciativa, faise un balence moi positivo desta edición e xa se está pensando en novas propostas de cara ao outono para fomentar a participación de veciños e visitantes en torno á gastronomía e a festa.

Fotos cedidas.

Vídeo sobre o concurso de paellas:
https://www.youtube.com/watch?v=vMdwzUCefBI&feature=youtu.be

Artigos relacionados

Back to top button