DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Máis de 700 BMW percorren Valdeorras na travesía moteira “Punta a Punta”

A ruta comezaba hoxe na Coruña e rematará o sábado en Castellón

No mediodía do 23 de maio centos de motos atravesaban a vía central da Rúa. En concreto son 750 as BMW que participan na sexta edición da travesía moteira e turística “Punta a Punta” organizada por BMW Motorrad España que este ano percorre a xeografía española de Oeste a Este.

Dende A Coruña saían esta mañá os participantes, que terán esta tarde en Palencia o final da primeira etapa que percorreu boa parte da comarca de Valdeorras antes de coller rumbo a terras leonesas.

A segunda etapa, mañá venres 24 de maio, levará aos riders ata Zaragoza, completando a aventura non competitiva coa terceira etapa que os levará ata Castellón o sábado 25 de maio. Tres días de ruta, compañeirismo e festa percorrendo boa parte do país, con parada en fermosas paraxes para descansar e repostar, como foi o caso de Valdeorras.

 

Artigos relacionados

Back to top button