EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Máis de 800 persoas na XI edición da Festa do Codillo, na Rúa

A cita gastronómica celebraba a XI edición no mediodía do 27 de xaneiro

Mantel amarelo/ servilleta azul e mantel azul/ servilleta amarela. É a decoración que os asistentes á Festa do Codillo da Rúa atopan cada ano nas mesas instaladas no pavillón. Este ano non foi unha excepción e, coa elegancia que a caracteriza, desenvolvíase a XI edición da cita gastronómica celebrada no mediodía do 27 de xaneiro.

Despois das homenaxes e Santos Izquierdo e Ermitas Bolaño (máis información no seguinte enlace: https://osil.info/rua-homenaxea-santos-izquierdo-ermitas-bolano/), o xantar comezaba pasadas as dúas e media da tarde reunindo a 810 persoas en torno a un exquisito menú elaborado e servido por Mantesil, no que se degustaron 800 quilos de codillos de porco, 450 quilos de patacas, 500 quilos de grelos e 200 quilos de chourizos. Para beber, viño e auga, e de postre bica, ademáis de café e licores.

No decurso do xantar, os representantes de Estrella Galicia e Distribuciones Roca, entregáronlle un agasallo a Ermitas, en recoñecemento á súa vinculación coa hostalaría.

Con esta, son tres as citas gastronómicas de referencia celebradas en xaneiro no oriente ourensán. Hai unha semana a Festa do Botelo do Barco celebraba a maioría de idade, na noite do venres día 26 era a Cea do Cocido de Piñeiro a que cumpría 24 anos e o sábado a máis nova, a Festa do Codillo, cumpriu once anos.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button