OurenseÚltima hora

Máis de 850 euros do dorsal solidario da Carreira do San Martiño 2019, para a AODEM

A Asociación Ourensá de Esclerose Múltiple, ELA, Párkinson e enfermidades neurodexenerativas recibiu a doazón de mans do Consello Municipal de Deportes

Entrega da doazón no Concello de Ourense.

 

O Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense entregaba, na mañá do 17 de decembro, unha doazón de 866 euros procedentes do dorsal solidario dos corredores que participaron na Carreira Pedestre Popular do San Martiño 2019, en favor da Asociación Ourensá de Esclerose Múltiple, ELA, Párkinson e enfermidades neurodexenerativas (AODEM).

As achegas solidarias realizadas polos deportistas ourensáns e canalizadas a través do Consello Municipal de Deportes irán destinadas á campaña “Proxecto interdisciplinar de atención a persoas con enfermidades neurodexenerativas e as súas familias” que desenvolve a asociación ourensá. A doazón supón o 100% da recadación.

Artigos relacionados

Back to top button