DeportesÚltima hora

Máis de 90 coches de alta gama reuniranse este sábado no Carballiño

Na III concentración de súper deportivos “Vila do Arenteiro” hai inscritos modelos moi chamativos

Porche, BMW, Betley, Maseratti, Lamborgini, Mercedes, Bugati,… Máis de 170 participantes e 90 vehículos están inscritos na III edición da concentración de coches súper deportivos, que se celebrará este sábado, 26 de maio, no Carballiño, unha das máis concorridas e vistosas que reunirá os modelos máis chamativos das marcas de coches de maior prestixio.

O valor total dos vehículos inscritos calcúlase en arredor dos 20 millóns de euros, e algún dos coches supera o valor dun millón de euros, o que certifica o nivel da convocatoria deste ano que comezará sobre as 10 da mañá na rúa Aldara e Cesáreo Tizón, así como nos arredores da praza Maior. Despois haberá unha ruta pola comarca, xantar e circuíto, para rematar de novo na praza onde permanecerán os vehículos estacionados ata a noite.

Artigos relacionados

Back to top button