En portadaÚltima hora

Máis de 900 persoas daranse cita mañá no xantar do Codillo, na Rúa

Comezará ás 14:30h. no pavillón e o apartado musical correrá a cargo do trío Expresión
Asistentes á anterior edición da Festa do Codillo da Rúa./ Foto: Carlos G. Hervella.

O pavillón deportivo da Rúa está xa preparado para a gran cita de mañá. A partires das dúas e media da tarde, abriranse as portas para acoller aos asistentes (prevense máis de 900) á XII edición da Festa do Codillo, a cita gastronómica de referencia na localidade organizada polo Concello.

Unhas horas antes terán lugar as homenaxes a Vicente Solarat Maceda e ao C.D. Rúa (que será tamén quen se encargue da barra do bar no pavillón) no Centro Cultural Avenida e tralo xantar, haberá sesión de baile a cargo do trío Expresión. Despois, o Concello ten tamén preparada unha tarde de cantos de taberna polos locais de hostalaría da vila a cargo de Abertal, Pándega e Airiños de Caldelas.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close