OurenseÚltima hora

Máis de 95.000 euros para actividades extraescolares nos colexios da cidade de Ourense

A FANPA e o Concello asinaron un convenio de colaboración

O Concello de Ourense e a Federación Provincial de Asociacións de Pais e Nais de Alumnos de Centros Públicos de Ourense (FANPA), veñen de asinar un convenio de colaboración para subvencionar o desenvolvemento de programas e actividades educativas extraescolares nos colexios de ensino público de Educación Infantil e Primaria da cidade por un importe de 95.108,88 euros.

O documento era asinado na mañá do 16 de outubro polo alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, e por José Antonio Álvarez Caride, presidente da Federación Provincial de Asociacións de nais e pais de alumnos de centros públicos de Ourense, asistindo á sinatura a concelleira de Educación, Belén Iglesias e o oficial maior do Concello en calidade de fedatario público.

Con este convenio, o Goberno Municipal “quere manter unha cooperación fluída coas asociacións de nais e pais que enriqueza as actividades educativas extraescolares nos centros de ensino público da nosa cidade”, tal e como manifestou o rexedor ourensán.

Artigos relacionados

Back to top button