OurenseÚltima hora

Máis de cen marcas de viños de 36 adegas, na 55ª Feira do Viño do Ribeiro

Esta mostra, que terá lugar do 28 de abril ao 1 de maio no recinto da Alameda de Ribadavia, vén de presentarse en Ourense
Imaxe dunha edición anterior da Feira do Viño do Ribeiro./ Foto: Carlos G. Hervella.

Serán catro días de celebración cun programa de actividades que aglutina viño, gastronomía e música. A Feira do Viño do Ribeiro chega este ano a súa 55ª edición. Desenvolverase do 28 de abril ao 1 de maio, no recinto da Alameda de Ribadavia. Nesta edición participarán un total de 36 adegas que ofrecerán máis de 100 marcas de viños aos visitantes que se acheguen a Ribadavia. Para elo, o público que asista deberá mercar os tickets de puntos e a súa copa na caseta de venda que está situada á entrada do recinto. Os visitantes despois poderán visitar as casetas das diferentes adegas para degustas os viños a través dunha proba, copa ou por botella, tendo cada opción un custe diferente marcado por cada adega.

A celebración foi presentada hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; a concelleira de Cultura de Ribadavia, María López Touza; e o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe do Ribeiro, Juan Manuel Casares.

Juan Manuel Casares, presidente do CRDO Ribeiro, destacaba o papel que exerce a viticultura como “motor económico de todo o territorio” desta comarca. Indicaba tamén que “a actividade fundamental da Feira é a cata popular, organizada polo Consello Regulador do Ribeiro, na Igrexa da Madalena”. A cata comezará o sábado, 28 de abril de 16.00 a 21.00 horas e continuará o domingo de 12.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas. O presidente do Consello Regulador dixo que esta actividade mantén o mesmo formato que en edicións anteriores, na que é o público o que cata a cegas os viños das marcas que participan na Feira, para decidir qué caldos merecen os premios aos mellores viños e os premios aos mellores catadores.

 

Imaxe da presentaci´no da feira na Deputación de Ourense.

A programación da Feira do Viño do Ribeira continúa a incluír “valores que funcionan como showcookings e catas comentadas con cociñeiros e sumilleres de recoñecido prestixio, e continuamos a apostar polas últimas novidades destas edicións de actuacións musicais en directo e zona gastronómica con Food Trucks”, explicou a concelleira de Cultura de Ribadavia. Así mesmo, María López destacou, de entre a programación, “un proxecto no que tódolos nenos, recolleron na súa casa palabras vencelladas ao mundo do Ribeiro e ao mundo do viño, e fixeron un acio de uvas con esas palabras e, con ese deseño, fixemos unha botella con seis metros de altura que vai a estar no recinto”. Para os máis cativos haberá ademais unha showcookings infantís, unha zona infantil de xogos, entre outras actividades

A mostra tamén inclúe unha visita nocturna teatralizada do Castelo e das rúas do municipio, visitas ao Castelo dos Sarmiento en Ribadavia, espectáculos de maxia “Ribeiromaxias”, zonas de artesanía, entre outras actividades.

Artigos relacionados

Back to top button