OurenseÚltima hora

Máis de mil atletas daranse cita este domingo na cuarta carreira do circuíto Correndo por Ourense

A proba pola zona universitaria comezará ás 11h. na pista de atletismo

Atletas correndo por Ourense. /Foto: Consello Municipal de Deportes de Ourense.

 

O circuíto de carreiras populares Correndo por Ourense volve esta fin de semana coa primeira das dúas deste mes de setembro. Será coa carreira que o domingo, 8 de setembro, pola mañá percorrerá a zona universitaria. Nela poderán participar os 1.152 atletas que se inscribiron este ano na popular proba deportiva, que chega xa a súa IX edición.

A proba terá a súa saída ás 11 horas na categoría pitufos; ás 11:05 en benxamíns e alevíns; ás 11,15 en infantil e cadete e ás 11:30 horas para as restantes: xuvenil, júnior, promesa, sénior e máster. Neste caso, constará dunha ruta de 6,4 quilómetros, dando 2 voltas a un circuíto que sairá da pista de atletismo e percorrerá o Campus Universitario, as rúas Casarellas, Bamio, Rabaza, Mende, Ponte Lonia, Villaamil e Castro, para volver ao Campus (norte) e acabar na Pista de atletismo.

O circuíto de carreiras populares está organizado polo Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense coa colaboración do Colexio Divino Maestro, o Club Esprintes Ourense, a Delegación Ourensá de Atletismo, o Club Deportivo Aurum, o Club Ourense Atletismo e a Asociación de Veciños Carlasca.

 

 

O prazo de inscrición para esta carreira e as seguintes do circuíto está está aberto ata mañá, mércores, a través da páxina web do Consello Municipal de Deportes e Championchip Norte. Volverase abrir o luns, 9 para as 2 últimas citas: A Ponte (29 de setembro) e A Carballeira (20 de outubro).

O custe por participar no circuíto é de 7 euros (só pagan persoas adultas) e unha parte da inscrición irá destinada a axudar a unha entidade social.

 

Artigos relacionados

Back to top button