ConcellosÚltima hora

Máis de mil peregrinos escollían o Camiño de Inverno como ruta xacobea no 2019

A Xunta investirá 3 millóns de euros neste itinenario no vindeiro ano 2020

Peregrinos percorrendo un dos tramos do Camiño de Inverno./ Foto cedida.

 

No 2020 a Xunta de Galicia prevé investir 3 millóns de euros no Camiño de Inverno, que entra en Galicia pola comarca de Valdeorras. Así o sinalaba a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, durante un acto en Monforte de Lemos neste 28 de decembro. Será un investimento que permitirá “reforzar o mantemento, sinalización e promoción deste itinerario que está chamado a ocupar un papel cada vez máis destacado”, dicía.

Nava Castro fixo estas declaracións durante a presentación do terceiro número de Via Jacobitana. Camiño de Inverno. Ademais que o investimento que a Xunta realizará o ano próximo dá continuidade aos traballos emprendidos nos últimos anos promovendo xa un reforzo da sinalización coa que contaba o Camiño de Inverno, de carácter provisional, para dar así máis seguridade aos peregrinos.

Finalmente, tamén se referiu ás cifras de peregrinos no Camiño de Inverno nas que tamén se reflicte xa a influencia do seu recoñecemento oficial e que está mantendo unha tendencia ascendente. Ata principios de decembro, este itinerario foi escollido por máis de 1000 peregrinos, o que supón un 50% máis que hai un ano, segundo os datos da Xunta.

 

Artigos relacionados

Back to top button