DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Máis de mil persoas na X Carreira do Turrón do Barco

A cita navideña, non competitiva e solidaria, discorría polo centro da vila na tarde do 22 de decembro

Cun novo récord de participación se desenvolvía a X edición da Carreira Popular e Solidaria do Turrón polo centro do Barco de Valdeorras na tarde do xoves 22 de decembro. Coma sempre os primeiros en correr eran os máis pequeniños en moitos casos acompañados polos pais e, media hora máis tarde facíano os demais corredores, a maioría ataviados con vistosos e orixinais disfraces e detalles alusivos ao Nadal.

Como edicións anteriores, a carreira dos maiores partía dende a praza Andrés de Prada pasando pola avenida Conde Fenosa, rúa Abdón Blanco e Malecón. Un percorrido ao que podían darse, de forma opcional, ata tres voltas. A meta estaba na mesma praza Andrés de Prada.

A festa deportiva remataba co chocolate con biscoitos e a entrega de premios (ao mellor disfrace, ao club máis numeroso,…) e o sorteo de agasallos.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button