OurenseÚltima hora

Máis de trescentas ciclistas participarán no campionato galego por estrada, en Baños de Molgas

A competición será o sábado 10 de xullo a partir das 12 horas

Publicidade
Presentación da proba na Deputación de Ourense.

 

Baños de Molgas será, por segundo ano consecutivo, o escenario dunha das grandes citas do calendario deportivo autonómico coa disputa o sábado, 10 de xullo, do Campionato Galego de Ciclismo por Estrada, onde as ciclistas femininas serán as protagonistas ao darse cita nesta localidade deportistas de todas as categorías, ademais de cadetes e júniors masculinos.

A presentación desta proba tivo lugar esta mañá no Pazo Provincial coa asistencia do vicepresidente da Deputación de Ourense Rosendo Fernández; Xaime Iglesias, alcalde de Baños de Molgas; Manuel Pérez, xefe territorial de Deportes da Xunta; Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Galega de Ciclismo; e Carlos Moure, presidente da Fundación ADO Moure, organizadora da proba.

 

 

Máis de 300 ciclistas participarán na competición, a máis importante do ano en Galicia para as categorías convocadas. A xornada inclúe tres carreiras válidas para o Campionato Xunta de Galicia e para a Copa Deputación, con saída e chegada na estación do ferrocarril de Baños de Molgas, pertencente á rede Estacións Vivas do Inorde.

Todas as categorías femininas, desde cadetes ata máster, comezarán a competición as 12 horas, mentres que os cadetes masculinos disputarán a súa proba ás 10 horas e os júniors na quenda de tarde a partir das 16:45 horas.

Artigos relacionados

Back to top button