DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Máis dun cento de karatekas, no I Memorial José Puente

O campionato de karate disputouse no pavillón de Calabagueiros, no Barco de Valdeorras

Maceda, Ponferrada, Viana do Bolo, Ribadavia, Fene, Bembibre, Trives e Valdeorras. Son algúns dos lugares de onde chegaron os karatekas que na tarde do 10 de novembro se deron cita no pavillón de Calabagueiros. O motivo: participar no campionato de karate do Barco de Valdeorras e ao mesmo tempo honrar a memoria do mestre José Luis Punte Murias, falecido o ano pasado.

Era o primeiro campionato que se celebraba sen el, pero o seu espírito estaba presente. Non só sobre os catro tatamis nos que competiron os deportistas, ou nos seus alumnos (algúns presentes co kimono posto), senón no seu compañeiro de karate e amigo Nicolás Rodríguez, ao fronte do KC River Stone que levou este ano o peso da organización, nas bancadas cheas de chente, nos premios e no nome.

O I Memorial José Puente celebrábase nun ambiente emotivo pero tamén festivo, no que ademais dos premios para os tres primeiros clasificados de cada categoría masculina e feminina (benxamín, alevín A e B, infantil A e B, cadete e xuvenil), entregábaselle unha placa á viúva de José, en recoñecemento ao labor que o seu home fixo a prol do karate e do deporte en xeral en toda a comarca de Valdeorras.

Fotos: Carlos G. Hervella.
Máis información e fotos:
https://osil.info/o-barco-lembra-a-jose-luis-puente-nun-emotivo-campionato-de-karate/

Artigos relacionados

Back to top button