DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Máis dun cento de participantes na ruta BTT e andaina de Larouco

A dobre cita deportiva desenvolvíase na mañá do 15 de outubro

Fíxose esperar (máis dun mes da data programada inicialmente), pero por fin chegaba o día. Unhas 150 persoas participaban, na mañá do 15 de outubro, na III edición da ruta BTT e na II da andaina organizada polo Concello de Larouco en colaboración co Club Jabalíes da Rúa.

Pasadas as nove e media da mañá, diante da Casa do Concello, saían os ciclistas cuns 40 quilómetros de percorrido polo monte por diante. De seguido tocáballe o turno aos andarines. A primeira chegaba apenas dúas horas despois. Con respecto aos ciclistas, o primeiro chegaba pasadas as doce do mediodía “foi moi rápido e ás dúas da tarde xa estabamos xantando”, explica o presidente dos Jabalíes, Santiago Pimentel, asegurando que todo saiu moi ben e sen percances de ningún tipo. “Ao andar polo monte sempre hai alguén que cae ou que se despista, pero este ano a ruta estaba moi ben sinalizada e todo foi de marabilla, sen incidentes”. A tenor do éxito e da valoración positiva, Pimentel asegura que a idea é manter a proba de cara ao futuro.

Con respecto aos asistentes, a maioría eran da Rúa, pero tamén había xente do Barco de Valdeorras, de Larouco, de Monforte, de Bembibre e de Ponferrada, entre outros. Colaborando coa proba, unha vez máis estaban os membros de Protección Civil.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button