CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

Máis dun cento de rapaces pasarán este ano polo campus de fútbol do CD Barco

 

Na mañá do luns 27 de xuño arrancaba no Campiño de Viloira unha nova edición do campus de fútbol de verán do CD Barco polo que pasarán, a longo das tres semanas que durará, uns 105 cativos de idades comprendidas entre os 4 e os 16 anos. A primeira semana estenderase ata o venres 1 de xullo, a segunda irá do 4 ao 8 de xullo e a terceira do 11 ao 15, cunha media de 32 cativos en cada unha.

En horario de mañá, de 9:45 a 13:15 horas, e distribuídos por grupos de idade os participantes poderán practicar fútbol e tamén iniciarse neste deporte da man de profesionais do club de fútbol do Barco como son Rubén García ou Iván Guntiñas, entre outros.

Nesta edición o campus mantén o formato do ano pasado, centrándose no apartado deportivo e técnico, sen as excursións e actividades complementarias que adoitaba ter antes da pandemia.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button