EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

Máis dun millar de persoas no 12 Camiño das Covas do Castro

Sete adegas abrían as súas portas nesta edición, con viños e multitude de pinchos

A partires das sete da tarde do 1 de xullo a vila do Castro convertíase en punto de encontro de multitude de persoas. Acudían para participar no 12 Camiño das Covas desta localidade barquense, un traxecto que mestura a tradición vitivinícola coa gastronomía e a festa.

Na mesma praza da vila instalábase un posto no que os participantes mercaban a súa entrada a un prezo de 10 euros para os adultos e de 3 euros para os nenos. Nesta edición ademais os menores de 18 anos ían identificados cunha pulseira cor vermella, mentres que a dos adultos era de cor azul.

No percorrido polas sete adegas que abrían as súas portas podía degustarse viño (branco e tinto), así como auga, xunto con multitude de pinchos: queixos de diferente tipo, empanadas, lacón asado… O ambiente estaba animado pola actuación dunha charanga. A partires das once da noite a festa trasladábase á praza do Castro, onde actuaban os correctos.

Segundo as primeiras estimacións da organización máis de mil persoas participaban nesta ruta que promove a Agrupación de Bogueiros do Castro coa colaboración do Concello do Barco.

Fotos: Carlos G. Hervella/ A.R.

Artigos relacionados

Back to top button