DeportesEn portadaÚltima hora

Máis imaxes do I Trail e Andaina Magosto de Larouco

 

Numerosas persoas desfrutaban na tarde do 2 de novembro desta o I Trail e Andaina Magosto de Larouco. Tras estas dúas probas deportivas, os participantes volvían xuntarse no punto de partida,  praza do Concello, onde se procedía á entrega de premios aos tres primeiros clasificados (femininos e masculinos) no trail, así como á entrega de agasallos ao mellor disfraz, á deportividade e ao grupo máis numeroso (que viña de Quiroga). Tamén se entregaba un agasallo de agradecemento a Carme e Luis pola súa colaboración coas actividades que organiza o Concello.

 

A alcaldesa de Larouco, Patricia Lamela, dando instruccións antes da saída das probas./ Foto: A.R.

 

Os produtos que se daban como agasallo eran estuches da adega 5G de Seadur (Larouco) e bicas da panadería de Larouco. Ademais todos os ganadores recibían entradas para a vindeira edición das Covas de Seadur. Despois desfrutaban dun magosto animado pola música tradición do grupo Os Bertolini de Manzaneda.

Este evento deportivo foi organizado polo Concello de Larouco, xunto coa empresa Zona 360 Valdeorras e co apoio de Protección Civil do Bolo.

Fotos: cedidas por Ceferino, Concello de Larouco e Zona 360 Valdeorras.

Máis información e fotos:
https://osil.info/deporte-magosto-e-disfraces-de-samain-no-i-trail-e-andaina-de-larouco/
https://osil.info/os-irmans-ares-prada-fanse-co-triunfo-no-i-trail-magosto-de-larouco/

 

 

Artigos relacionados

Back to top button