EconomíaEconomíaÚltima hora

“Máis que comercio!” chega a AEVER/CCU Verín

Esta campaña de dinamización comercial presentábase na mañá do 3 de novembro na localidade ourensá
O presidente de AEVER/CCU Verín, co alcalde da localidade na presentación, na que tamén estivo o delegado da Xunta en Ourense.
O presidente de AEVER/CCU Verín, co alcalde da localidade na presentación, na que tamén estivo o delegado da Xunta en Ourense.

Ao longo do mes de novembro nos establecementos asociados a AEVER/CCU Verín desenvolverase a campaña “Máis que comercio!”, que promove a Dirección Xeral de Comercio. Con ela búscase impulsar as vendas do comercio de proximidade premiando a confianza dos seus clientes, tal e como se sinalaba na presentación desta campaña nun acto que tiña lugar na mañá do 3 de novembro.

A campaña consistirá en que as persoas que merquen en novembro nos comercios asociados ao CCU de Verín recibirán durante todo o mes un cupón por cada 5€ de compra, o que lles permitirá participar nun xogo en liña na web www.maisquecomercio.com. Nesta páxina, votando ao seu establecemento favorito, poderán optar a unha tarxeta regalo de 200 euros e dúas de 100 para mercar no comercio local, así como a diferentes agasallos, como vales de compra e diferentes produtos achegados polos propios comerciantes. Ao remate do mes, o establecemento seleccionado polos clientes que participen na iniciativa recibirá un recoñecemento público ao seu labor.

Artigos relacionados

Back to top button