EconomíaEconomíaOurense

“Máis que comercio!” chega ao CCA Ourense Norte

A tenda de moda Candela foi a máis votada a través da rede
Acto de entrega do galardón.
Acto de entrega do galardón.

Os participantes na iniciativa “Centros Comerciais Abertos. Máis que comercio!”, organizada pola Consellería de Economía e Industria que se desenvolveu durante todo o mes de maio nos establecementos asociados ao CCA Ourense Norte, elixiron como o seu comercio favorito a tenda de moda Candela, situada no barrio da Ponte.

Este negocio, posto en marcha en 2006 e que vende roupa e complementos, foi o que máis clicks recibiu na web www.maisquecomercio.com, na que os clientes podían participar nun xogo en liña por cada 5 euros de compra e optar a diferentes premios ao tempo que elixían o seu comercio preferido.

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, entregaba na mañá do 10 de xuño o diploma ao establecemento máis votado nun acto no que tamén se entregaron os agasallos aos clientes gañadores.

Vázquez Abeal salientou que, ademais de resaltar o traballo dos centros comerciais abertos, “Máis que comercio!”, ten por obxectivo “destacar os valores do comercio de proximidade, como son a calidade, o trato ao cliente ou a variedade, ao tempo que se realza o traballo dos centros comerciais abertos”.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button