EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Malandrómena e De Vacas, cabezas de cartel do “Ribeiro son de Viño”

O festival, que marida viño con música, celebrarase o próximo 15 de xullo no Náutico de San Vicente do Mar, no Grove
Felicísimo Pereira presentou hoxe o festival.

A contorna do Náutico de San Vicente do Mar, no Grove (Pontevedra) acollerá o vindeiro sábado ,15 de xullo, a cuarta edición do festival “Ribeiro Son de Viño”, que fusiona os viños da Denominación de Orixe Ribeiro coas mellores bandas do panorama galego actual, todo iso xunto á beira do mar, na praia da Barrosa. O festival foi presentado hoxe, 5 de xullo, no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, de mans do presidente da D.O, Felicísimo Pereira.

Desde as 13:00 horas e ata a madrugada, o viño da D.O. Ribeiro soará a rap, folk, pop negro, r&b, soul, indie rock, garage, punk, surf e moito máis. En concreto esta cuara edición une a Malandrómeda, Sen Senra, De Vacas, Kings of the Beach e Escoitando Elefantes cos viños de Alberte, Viña Meín, Viña Costeira, Eduardo Bravo, Villanueva e Son de Arrieiro.

Os propios adegueiros participarán activamente no festival e estarán a disposición de todos os asistentes para guiarlles nas degustacións de viños brancos e tintos e conversar sobre a variedade e diversidade que esta zona ofrece, sempre cun denominador común: a calidade e as súas variedades de uva autóctonas.

Música, viño, praia e gastronomía forman o tándem perfecto que ofrece “Ribeiro Son de Viño” para o 15 de xullo, un evento diúrno que este ano inclúe varios sorteos entre os asistentes e unha actividade sorpresa entre adegueiros e músicos que se desenvolverá a media tarde. As bandas que formarán parte do festival de esencia galega da denominación máis antiga de Galicia, son elixidas pola súa calidade e talento, co obxectivo de unir unha ampla variedade de estilos ao redor dunha copa de Ribeiro.

Cartel do festival.

Artigos relacionados

Back to top button