ConcellosO BoloÚltima hora

Malestar do alcalde de O Bolo pola inactividade sobre o arranxo da ponte de Barxa

O alcalde de O Bolo, Manuel Corzo./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Unha vez máis o alcalde de O Bolo, Manuel Corzo, amosa un profundo malestar ante a inactividade con respecto ao arranxo da ponte sobre o río Xares en Barxa, pechada ao tráfico rodado dende o fundimento do piar central tralas intensas chuvias caídas en decembro de 2019, desta volta ante o actual baleirado de encoros na provincia de Ourense.

“Dende o 19 de decembro de 2019 está a ponte de Barxa sen uso, porque como non tiñan onde meter a auga abriron de xeito incontrolado as comportas da presa facendo que esbarrancara a ponte e agora resulta que sae nos medios que os encoros están baleiros e case se ven as casas”, di Corzo, amosando o seu enfado. “Estou moi cabreado porque non volveu haber reunións da comisión para arranxar a ponte nin se volveu falar do tema e agora veñen con estas. Haberá que poñerse serios porque non hai dereito a isto”, conclúe firme.

 

Artigos relacionados

Back to top button