EconomíaEconomíaÚltima hora

Malestar entre algúns hostaleiros da Rúa pola nova ordenanza reguladora de terrazas

Emitían un comunicado no que manifestaban o seu desacordo coa nova norma municipal
Unha terraza na Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

O 30 de xullo o Pleno da Rúa daba, en sesión extraordinaria, o visto bo á nova ordenanza reguladora da ocupación de dominio público local con terraza, veladores e outros elementos análogos con finalidade lucrativa e da correspondente ordenanza fiscal. A norma facíase efectiva trala desentimación das alegacións feitas por dous hostaleiros, cos votos a favor do bipartito e a abstención do PP.

Apenas un mes e medio despois, un grupo de hostaleiros rueses emitían un comunicado no que amosan a “súa preocupación e rechazo a varios dos puntos que se recollen na nova normativa” alegando que “na práctica, suporán despidos de persoal, inseguridade das estruturas, e poderán poñer en serio riesco a viabilidade dos negocios, á parte de xerar menos recursos para as arcas municipas vía impostos”.

No texto, lamentan que “apenas se tiveron en conta ninguna das propostas dos hostaleiros” facendo fincapé “nas estrictas limitacións en número de cadeiras e mesas, prohibición de estruturas fixas, prohibición de aparatos de música ambiental, limitacións en horarios, etc…”. Os hostaleiros asinantes califican a normativa de “personalista e non consensuada, que perxudica a moitos e non beneficia a ninguén”, asegurando que a recurrirán “para que nunca chegue a ser efectiva”.

Artigos relacionados

Back to top button