EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Malestar entre os hostaleiros pola falta de luz nalgúns puntos do Malecón barquense

O verán é tempo para desfrutar das terrazas e, especialmente no caso do Malecón do Barco, onde se pode desfrutar delas case ao pé do río Sil. Sen embargo, cear nunha terraza neste verán está resultando imposible nalgúns puntos deste paseo barquense debido á falta de luz.

Esta situación, que se vén reiterando ao longo do verán, tal e como sinalan os hostaleiros, estalles impedindo colocar as terrazas durante a noite, cos conseguintes prexuízos que isto conleva aos seus negocios. Xa lle teñen transmitido á situación ao Concello do Barco, pero, polo de agora, a zona que vai dende o cruce da rúa da Estación ata o cruce coa rúa Pescadores segue sen ter acendido o alumado público polas noites. A falta de luz tamén se produce noutras zonas da vila en determinados momentos.

Artigos relacionados

Back to top button