OurenseÚltima hora

Mamá Cabra aterra en Ourense co seu espectáculo ’15 primaveras’

Máis de 3.000 escolares asistirán ás representacións entre o 18 e o 20 de maio
Un momento do espectáculo que acollerá Ourense.
Un momento do espectáculo que acollerá Ourense.

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación), de Abanca, acolle dende este mércores 18 de maio e até o venres día 20, no Auditorio Municipal de Ourense, a actuación do grupo Mamá Cabra co seu espectáculo ’15 primaveras’. Máis de 3.000 escolares procedentes dos centros educativos da cidade e dos arredores asistirán ás representacións, que se programan en dúas funcións diarias, ás 10:00 e ás 12:00 horas.

O espectáculo vai dirixido a público infantil de tres a seis anos. ’15 primaveras’ fai un percorrido pola historia do grupo e das súas mellores cancións, nun formato de concerto-teatro no que unha nova Mamá Cabra chega a encher de ilusión aos máis cativos.

Artigos relacionados

Back to top button