EconomíaEconomíaÚltima hora

Mañá ábrese o prazo para pedir o Ingreso Mínimo Vital

A solicitude deberá facerse na Sede Electrónica da Seguridade Social e, cando a situación sanitaria o permita, tamén se poderá efectuar nos Centros de Atención e Información da Seguridade Social

 

Dende mañá 15 de xuño os cidadáns poderán solicitar o Ingreso Mínimo Vital. Trátase dunha nova prestación da Seguridade Social que “busca reducir o nivel de pobreza e exclusión e persigue garantir unha mellora real de oportunidades de inclusión social e laboral das persoas beneficiarias, e inclúe unha serie de políticas articuladas arredor da axuda”, tal e como informa o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.

A solicitude deberá realizarse a través da Sede Electrónica da Seguridade Social e, cando a situación sanitaria o permita, tamén se poderá efectuar nos Centros de Atención e Información da Seguridade Social (CAISS).

O Ingreso Mínimo Vital establece un nivel de renda garantible diferente para cada tipo de fogar. Completará as rendas preexistentes (entre outras, as salariais), ata ese umbral garantido para cada tipoloxía que, no caso dos fogares unipersonais, é de 5.538 euros ao ano, o equivalente a unha pensión non contributiva, que se distribuirá en doce pagas, segundo o ministerio.

Os cidadáns poden informarse sobre o Ingreso Mínimo Vital a través da páxina web da Seguridade Social (http://www.seg-social.es) e mediante o novo asesor virtual, Issa. Tamén dispoñen dunha ferramienta de simulación, onde poden comprobar se cumpren os requisitos para acceder a esta prestación, e dunha liña de teléfono para realizar consultas concretas (900 20 22 22), que a próxima semana comezará a funcionar tamén en horario de tarde.

As solicitudes que se presenten durante os tres primeros meses serán recoñecidas con efecto retroactivo dende o 1 de xuño. Logo deste plazo, “o dereito á prestación do Ingreso Mínimo Vital nacerá a partir do primeiro día do mes seguinte ao da data de presentación da solicitude. O Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) enviará un SMS aos solicitantes que resulten beneficiarios da axuda, mentres que o silencio administrativo suporá unha resolución negativa”, segundo o ministerio.

 

Artigos relacionados

Back to top button