SanidadeÚltima hora

Mañá comezará a poñerse na provincia a segunda dose da vacina AstraZeneca aos colectivos esenciais

Tamén se procedará a

 

Mañá  comezará na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a administración da segunda dose da vacina contra o Covid de AstraZeneca aos colectivos esenciais. A vacinación realizarase nos tres hospitais públicos da provincia: no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense farase mañá e tarde, mentres que nos hospitais do Barco e de Verín será pola mañá.

“O 85% dos chamados na provincia Ourense optaron por AstraZeneca. Co SMS da cita recibirán un enlace para descargarse o consentimento”, adiantan dende a área sanitaria ourensá.

As persoas deste colectivo de menores de 60 anos que recibiron a primeira dose de AstraZeneca, entre o que se inclúen docentes, persoal sanitario, coidadores a domicilio dos servizos municipais (SAD), forzas e corpos de seguridade, etc. deben asinar un consentimento informado antes de recibir a segunda dose, xa sexa de Astra ou Pfizer.

Para facilitar este procedemento, están a recibir, no SMS da cita, un enlace desde o que poderán descargar os consentimentos, tamén dispoñibles na páxina web . Igualmente, nos puntos de vacinación de mañá, os tres hospitais públicos, disporán destes consentimentos, xa precubertos cos seus datos, polo que só deberán asinalo e entregalo neste mesmo punto.

A previsión é vacinar mañá a 850 persoas no Hospital Universitario de Ourense, en horario de mañá e tarde; e 230 no Hospital Público de Verín e 200 no de Valdeorras, en ambos casos en horario de mañá. Ademais, os equipos de vacinación contan con dotación suficiente de vacinas para facer fronte a cambios ou incidencias.

Artigos relacionados

Back to top button