ConcellosManzanedaÚltima hora

Mañá de feira na vila de Manzaneda

 

Neste mes de marzo Manzaneda vén de recuperar as súas feiras mensuais, primeiro a do día 8 en Raigada, e neste 22 de marzo a da vila. Así, mantendo todas as medidas de seguridade, Manzaneda vivía unha animada xornada de mercado, na que tamén acompañaba o tempo e o sol. Numerosos postos de diversos tipos de produtos, dende prendas de vestir e plantas ata produtos alimentarios como froita, embutidos ou bacallau, instalábanse na zona coñecida como praza da farmacia.

Ademais as persoas que percorrían a feira tiñan a posibilidade de desfrutar do saboroso pulpo nos postos de tres pulpeiras, situadas nos seus lugares habituais.

Xa dende primeira hora da mañá, os voluntarios de Protección Civil de Manzaneda velaban para que se respectasen as normas de seguridade, primeiro controlando as distancias necesarias entre cada un dos postos, e despois controlando a asistencia e comprobando que se respectasen as medidas anticovid.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button