ConcellosO BarcoÚltima horaVilamartín

Mañá de recollida de plásticos no río Sil, da man do Club Spinning Valdeorras

 

Na mañá deste domingo 13 de marzo, unha semana antes do inicio da tempada, o club de pesca deportiva Spinning Valdeorras organizaba unha recollidad de plásticos no río Sil, unha das actividades que caracteriza a este colectivo creado hai un par de anos, “por un río máis limpo, por un río máis vivo”, defenden.

Como xa dixeran na edición anteior, antes da pandemia, os voluntarios organizábanse en dous grupos. O primeiro deles saída dende as piscinas de Vilamartín de Valdeorras e outro dende a pasarela do Malecón no Barco, recollendo unha gran cantidade de lixo.

Malia que nun principio esperábase chuvia, a mañá amencía soleada e moi agradable para a actividade.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button