Continúa a programación de Nadal no concello de Petín. Así, na mañá deste luns 4 de xaneiro, as “Pincha Olimpíadas” foron as protagonistas do terceiro dia de actividades na Casa da Cultura.
Xogos de exterior e de interior onde os equipos dos tres países participantes se debatían a medalla olímpica. Tal como explican dende a organización “non faltou a cerimonia inaugural coa presidenta do Pincha Comité Olímpico e a antorcha, nin tampouco as medallas para os participantes”, di Susana de Pinchacarneira Ocio e Animación.
E con respecto aos xogos, dende os clásicos que nunca fallan coma os bolos, ata innovadoras actividades de psicomotricidade e de coordinación, para facer desta unha mañá divertida e inesquecible. E todo, coma sempre, coas debidas medidas de seguridade e protocolos anticovid para xogar dun xeito seguro.
O cuarto e último obradoiro deste Nadal infantil en Petín, desenvolverase o vindeiro venres 8 de xaneiro, coma sempre de 11 a 13:30h. na Casa da Cultura e xirará en torno ao teatro.
Fotos: Pinchacarneira.