ConcellosÚltima hora

Mañá suspenderanse as actividades no exterior nos centros educativos da montaña ourensá

A Comisión Escolar de Alertas tomaba a decisión ante a alerta laranxa decretada por refachos de vento

Fachada do CEIP do Bolo co castelo ao fondo. Este colexio está situado na montaña ourensá. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

A Comisión Escolar de Alertas suspenderá mañá mércores 18 de decembro as actividades no exterior dos centros educativos radicados nas zonas decretadas con alerta laranxa por refachos de vento superiores a 100 km/hora, desde as 9:00 horas ata as 21.00 horas, segundo se informa dende a Consellería de Educación.

Entre esas zonas, segundo a previsión de MeteoGalicia, figuran a montaña da provincia de Ourense, o oeste da provincia da Coruña e a Mariña luguesa.

En todo caso, as direccións dos centros escolares das zonas excluídas desta alerta poderán adoptar as decisións que estimen oportunas se consideraran un risco superior ao declarado.

A listaxe de concellos incluídos en cada zona climática pode consultarse na páxina web de Meteogalicia (http://www.meteogalicia.gal/datosred/infoweb/meteo/docs/adversos/DefinicionZonasAdversos_gl.pdf).

 

Artigos relacionados

Back to top button