DeportesOurenseÚltima hora

Mañás lúdico-deportivas no campus de Ourense

O campamento está organizado pola asociación Amencer e desenvolverase do 14 ao 18 de xullo
Presentación das actividades.
Presentación das actividades.

Na mañá do 9 de xullo, membros da asociación xuvenil Amencer de Ourense, presentaban no campus universitario, o campamento “Mañás Lúdico Deportivas”, un proxecto que en palabras dos organizadores “pretende educar en valores a través do xogo e do deporte, favorecer a creatividade dos nenos e nenas e a participación e o traballo en equipo”.

Segundo explicaron dende Amencer, cada mañá constará de dúas partes, tal como o propio nome indica: unha lúdica e outra deportiva. A primeira estará orientada a actividades deportivas “os nenos e nenas, no momento da inscrición, poderán escoller entre a modalidade de baile moderno e a modalidad de voleibol”. Logo dun pequeno descanso será o momento de actividades lúdicas como obradoiros, xogos populares, rastrexos, piscina, …

A actividade levarase a cabo nas instalacións do pavillón universitario e están destinadas a nenos e nenas de 5 a 16 anos. O horario será de 10h. a 13.30h. e levarase a cabo do 14 ao 18 de xullo. Ademais haberá servizo de gardería de 9h. a 10h. e de 13:30h. a 15h.

O prezo da actividade é de 40 euros por semana e neno, e 35 euros para irmáns e socios de Amencer e do Club de Volei.

Foto: Amencer

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button