OurenseÚltima hora

Manifestación cidadá en Ourense contra o goberno local o 18 de novembro

Está convocada por SOS Ourense , un movemento que compoñen ata o momento máis de medio centenar de colectivos sociais, ambientais e culturais

 

Un dos momentos da presentación de SOS Ourense, esta mañá./ Cedida.

 

Durante unha concentración nas portas do Auditorio Municipal de Ourense ás 12h. deste venres, mentres se desenvolvía no interior a sesión do pleno, facíase a presentación da agrupación de colectivos SOS Ourense, un movemento que compoñen ata o momento máis de medio centenar de colectivos sociais, ambientais e culturais. Que, “nunha convocatoria sen precendentes”, veñen de organizar unha manifestación cidadá prevista para o vindeiro 18 de novembro na cidade.

“Ourense ten que deixar de lado a pasividade na que nos teñen, froito de décadas de clientelismo e dunha política social e cultural en dirección oposta ao ben común”, din dende SOS Ourense que fai un chamamento á cidadanía e colectivos de Ourense, provincia e do conxunto de Galicia para apoiar un movemento social que quere servir de catalizador para a “rehabilitación do tecido social e cultural da cidade de Ourense”.

 

 

Segundo afirman no manifesto, subscrito ata o momento por máis de 50 agrupacións, “Ourense esmorece nunha fonda crise social, ambiental e cultural” e chaman a implicación e a participación na manifestación, que sairá da Subdelegación do goberno o día 18 de novembro ás 19:30 horas “contra a política urbanística especulativa, a degradación do medio natural e o baleirado de sentido e peche de institucións culturais, á inacción en materia de igualdade coa desaparición da concellaría do ramo, o peche da Universidade Popular, do Museo Municipal, o abandono das termas públicas, dos espazos verdes…”, din.

 

 

 

Entre o máis de medio centenar de convocantes, cóntanse colectivos como a Plataforma non ao Peche da UPO, Emerxencia Cultural, Amigos das Termas, Marcha Mundial das Mulleres, Amigos da Terra, Amigas das Arbores e ducias de federacións e asociacións de veciños, aos que se están a sumar e aos que animan a sumarse a toda a cidadanía, pois “a nós nos corresponde traballar xuntas para virar o estado das cousas e parar a desfeita á que nos están levando os gobernos de Jácome e do Partido Popular, que xa demostraron que son o problema e non a solución”.

RELACIÓN APOIOS CONFIRMADOS a 5/11/2021

● Agrupación Cultural Auriense
● Amigas das Cegoñas
● Amigas das Árbores
● Amigos da Terra
● Amigos das Termas
● Asociación Andén 1
● Asociación Autocaravanistas Afilador
● Asociación Barbaña
● Asociación Casco Vello
● Asociación Cultural Agromadas de Seixalbo
● Asociación de veciños Ponte Canedo
● Asociación Felos da Corga da Serra.
● Asociación Fotográfica Fotosíntese
● Asociación O Cimborrio
● AA.VV San Breixo de Seixalbo
● AA.VV Ponte Cañedo Vía Vella
● Agrupación Miño
(22 AA.VV do perímetro e rural)
● Centro Discapacidade Funcional
● Cine Clube Padre Feijoo
● Circo dos Muchachos
● Colectivo Artistas Museo
● Comité Cidadán AntiSida
● Emerxencia Cultural
● Ecoloxistas en Acción Ourense
● ERGUER Estudantes da Galiza.
● Federación de Asociaciones Limiar
● Foro Feminista Falando Nós
● Fundación Cum Laude
● Máis Purín na Limia NON
● Marcha Mundial das Mulleres.
● Plataforma Non ao peche da UPO
● Plataforma Pro Campus Digno
● Plataforma Tren Digno
● Stop Desafiuzamentos Ourense
● Usuarios Parque do Couto

Artigos relacionados

Back to top button