SanidadeÚltima hora

Manifestación en defensa da área sanitaria o 30 de setembro no Barco

A Plataforma Sanitaria de Valdeorras acordaba a data deste acto reivindicativo na asemblea aberta que se celebraba na tarde do 11 de setembro
Orlando Saavedra, voceiro da plataforma, intervindo na asemblea.

Continuar traballando para que o goberno galego “paralice o anteproxecto de reforma da Lei de Saúde de Galicia, cuxo proceso segue en marcha”. Esa vai ser a liña de acción da Plataforma Sanitaria de Valdeorras nas vindeiras semanas. Así se confirmaba na asemblea aberta que tiña lugar na tarde do 11 de setembro no Barco coa asistencia de representantes de diversos concellos de Valdeorras e tamén da zona de Trives.

A plataforma continuará coas concentracións cada mércores ás 12h. no Hospital Comarcal Valdeorras e nos centros de saúde da área, así como coas charlas informativas sobre as consecuencias desta reforma normativa nos diferentes municipios. Ademais están preparando unha gran manifestación de cara ao vindeiro 30 de setembro. Terá lugar no Barco a partires das sete da tarde dende o pavillón de Calabagueiros.

 

Outro dos momentos da reunión celebrada no edificio multiusos do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button