SanidadeÚltima hora

Manifestación en defensa da sanidade pública no Barco o 17 de outubro

Cartaz da manifestación convocada pola Plataforma Sanitaria de Valdeorras.
Cartaz da manifestación convocada pola Plataforma Sanitaria de Valdeorras.

Nova acción reivindicativa en defensa da sanidade pública. Tras a concentración do 1 de outubro diante do Hospital Comarcal Valdeorras e a charla-coloquio do 9 de outubro, a Plataforma Sanitaria de Valdeorras vén de convocar aos cidadáns do oriente ourensán a un novo acto. Trátase dunha manifestación que está programada para o vindeiro 17 de outubro ás 18h. no Barco co lema “Non ao desmantelamento do HCV”.

Para concretar este acto a plataforma sanitaria valdeorresa celebrará na tarde do 15 de outubro unha asemblea no salón de actos do multiusos do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button