Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

Manifestación en defensa da sanidade pública no Barco

Era un dos actos reivindicativos convocados en diferentes puntos de Galicia pola Plataforma SOS Sanidade Pública

Centos de persoas percorrían na tarde do 19 de marzo as rúas do Barco pedindo unha sanidade pública digna, de calidade e sen recortes. Partían do Hospital Comarcal Valdeorras e iniciaban un traxecto que remataba na praza Andrés de Prada. Ao longo do percorrido escoitábanse consignas como “Recortes na pública, cartos para a privada” ou “Contra os recortes, fagámonos fortes”.

Ao completarse o percorrido dábase lectura a un manifesto no que se incidía no valor da sanidade pública, e se facían alusións aos recortes, ás listas de espera e ao desmantelamento das áreas sanitarias.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button