En portadaÚltima hora

Manifestación en defensa da sanidade pública o 17 de outubro no Barco

Será un dos actos que promova a Plataforma Sanitaria de Valdeorras no próximo mes
Imaxe dunha concetración realizada no verán diante do Hospital Comarcal Valdeorras.
Imaxe dunha concetración realizada no verán diante do Hospital Comarcal Valdeorras.

A Plataforma Sanitaria de Valdeorras ten previsto convocar ao longo do mes de outubro diversos actos reivindicativos “ante a situación de desmantelamento da sanidade pública” e “en defensa dunha sanidade pública, universal, de balde e de calidade”. Así o sinalaba nun comunicado que facía público o 29 de setembro.

A primeira desas accións será unha concentración convocada para o 1 de outubro ás 20:30h. diante do Hospital Comarcal Valdeorras. Ademais o 9 de outubro ás 20:30h. organizarase unha charla coloquio co título “Sanidade dereito ou negocio?” no edificio multiusos do Barco. Nela participarán como relatores Miguel G Buitrón (médico) quen falará sobre “Sanidade pública: equilibrio e progreso social”. Tamén intervirá María del Carmen Acuña (médica e deputada autonómica) para abordar a “Situación actual da sanidade en Galiza. Se o quixesen facer peor non poderían”. Por outra banda, Miguel Ángel Jiménez (avogado) exporá o relatorio “O soño americano”, mentres que a presidenta de DISVALIA e a de FFIBRIVAL amosarán a experiencia dunhas asociacións de afectados.

Ademais a Plataforma Sanitaria convocará para o 17 de outubro unha manifestación. Partirá ás 18h. do Hospital Comarcal de Valdeorras, no Barco.

Artigos relacionados

Back to top button