OurenseÚltima hora

Manifestación feminista en Verín

“Sen coidados non hai vida. Mudando o sistema, derrubando o patriarcado” era o lema da manifestación feminista que enchía as rúas de Verín ás 12h. deste domingo 1 de marzo, tinguíndoas de violeta. Partía dende a avenida Portugal e finalizaba na praza Maior, onde se procedía a dar lectura a un manifesto por parte da organización, Galegas 8M

“Un ano máis, o conxunto do feminismo galego une a súa forza apra deixar moi claro que somos unha voz importante. Todas xuntas somos un berro que non poden, aínda que queiran, desouvir. Unidas dende a nosa diversidade, baixo o paraugas de galegas 8M amosamos a nosa capacidade para espallar a loita feminista e xuntar forzas para dar visibilidade ás mulleres galegas”, dicían ao termo da manifestación.

Este acto reivindicativo continuaba con música, un xantar e foliada.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button