CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Manifesto no CEIP Condesa de Fenosa en contra dos incendios forestais

A actividade está enmarcada nun dos proxectos do programa PITEAS no que están traballando os alumnos do centro barquense

“O lume queima o futuro dos nenos/as”. Con esta mensaxe impresa nunha pancarta, os alumnos do CEIP Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras realizaban, na mañá do 23 de febreiro, un manifesto no patio do centro escolar.

Os cativos de segundo de primaria están inmersos no proxecto sobre incendios forestais en Galicia, no marco do programa PITEAS, e esta é unha das actividades previstas para o curso 2017/2018. Como un acto simbólico de repulsa ante os lumes nos bosques e montes galegos, os rapaces implicados no proxecto colocaron nos pés de tres árbores ardidas, pedras con mensaxes entre as que se podían ler frases como “non quero que se queimen os animais”, “por que se produce o lume” ou “que non prendan máis lume”.

Ademais dos alumnos e profesores, no acto tamén estivo presente o axente medioambiental da biff (Distrito Forestal XIII), Isidro Martínez, responsable das xornadas de divulgación contra incendios forestais “Home do lume” que se desenvolverán nos centros educativos da comarca. As primeiras charlas foron hoxe no propio Condesa de Fenosa e as seguintes serán no CEIP Tomás Terrón Mendaña de Sobradelo e no CEIP de Casaio, o 27 de febreiro.

Fotos: Mónica G. Bellver excepto a última da galería.

Artigos relacionados

Back to top button