ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Manoel Carrete recibe a Medalla de Ouro de Quiroga

O homenaxeado, orixinario de A Seara, é o actual presidente do Centro Galego de Barcelona

Coa lectura do acordo adoptado en sesión plenaria celebrada o 30 de outubro de 2014, recollendo o “unánime sentir de numerosas institucións galegas, catalanas, escritores, catedráticos e particulares” comezaba o acto de imposición da Medalla de Ouro de Quiroga a Manoel Carrete Rivera, un quirogués de pura cepa, que por avatares da vida non naceu na súa terra, A Seara, Quiroga” dixo o alcalde Julio Álvarez.

Manoel Carrete é segundo apuntou o propio alcalde “o fillo desta terra que na diáspora máis se preocupa por manter o pavillón alto dos galegos e galegas e da súa cultura”. Autor de varios libros, este quirogués de pro recibíu o premio Alecrín da FEGALCAT en investigación, membro do Colexio de Avogados de Barcelona, e ocupou diferentes cargos directivos, sendo actualmente o presidente do Centro Galego de Barcelona (segunda entidade máis antiga da diáspora galega (1892). Por todo isto pero sobre todo “polo seu compromiso con Quiroga e Galicia en nome de tódolos quirogueses” o propio alcalde impoñíalle o máximo galardón do concello lucense.

Profundamente emocionado, o homenaxeado daba as grazas a tódolos asistentes entre os que non faltaban os seus familiares, asegurando que “esta medalla non é para min, senón para todolos quirogueses”.

Ao acto, que tiña lugar na tarde do 8 de novembro no salón de plenos do Concello de Quiroga, asisitían entre outros, o conselleiros de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez; o secretario xeral de Política Lingüística, Valenín García, o vicepresidente 1º da Mesa do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o director da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, Xosé Lois Foxo; a cantante, María do Ceo; os escritores, Helena Villar e Xesús Rábade; o presentador Xosé Manuel Piñeiro; a alcaldesa de Folgoso do Courel, Dolores Castro; o alcalde de Paradela, José Manuel Mato; o presidente da Fundación Carlos Casares e do Liceo de Ourense, Javier Casares; e o actor e produtor, Rubén Riós.

Trala imposición, amnizada por María do Ceo e a Banda de Gaitas San Martiño de Quiroga, os asistentes desprazábanse ata a Casa da Cultura para compartir un viño e un aperitivo.

Fotos: Carlos G. Hervella.
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button