CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

Manolo Pérez deixa o CD Barco

O adestrador vén de causar baixa como técnico do conxunto vermello

 

Manolo Pérez, adestrador do CD Barco.

 

Tres anos despois da súa chegada ao CD Barco e a dúas xornadas para que remate a primeira fase da terceira división nesta complicada tempada, o adestrador do primeiro equipo do Centro de Deportes Barco deixa o club.

Así o vén de anunciar a xunta directiva a través dun comunicado asegurando que a baixa prodúcese de mutuo acordo. “Os resultados nos últimos encontros (sete xornadas sen ganar) sumados a problemas persoais acompañaron ao técnico a tomar esta decisión”, aseguran dende a directiva do CD Barco dándolle as grazas “por telo dado todo e máis por este equipo; por darnos a oportunidade de soñar con histórico play off a segunda B na anterior tempada; polo ten compromiso, saber estar e sobre todo, polo que nos diche”, aseguran.

 

Artigos relacionados

Back to top button